O Concello incrementa a axuda a AFAN en 2024
A Xunta de Goberno do Concello acordou este venres incrementar en 5.000 euros a axuda que percibirá en 2024 a Asociación de Freixeiro de Axuda ao Necesitado, AFAN. Pasará a contar cun total de 65.000 euros, dentro dun convenio plurianual -2022/2025- que ascende a 245.000 euros.
O alcalde explicou que o aumento en máis dun 8 por cento da dotación a AFAN garante á asociación manter a axuda que presta ás familias con necesidades. Caballero recalcou que este ano o Concello aumenta a asignación para os comedores sociais de Vigo coa finalidade de que afronten o incremento dos prezos dos alimentos e dos custos dos servizos.