O DOG publica o proxecto de execución do novo tramo do Paseo do Lagares
Abel Caballero deu conta da publicación do tramo de nova execución de case medio quilómetro de longo e 2,5 metros de ancho na marxe dereita do río desde a estrada de Moledo ata a conexión co polígono de Miraflores.

O Concello proxecta unha senda peonil nese tramo no que actualmente circulan camións, coches, peóns e ciclistas. Tal e como apuntou o rexedor, coa execución desta senda fluvial pola marxe dereita do río Lagares vai poder darse solución ao acceso ao Lagares nesa zona.
Trátase dun tramo de 2,5 metros de ancho e case 500 metros de longo que permitirá separar a senda do Lagares do tráfico do polígono e mellorar así a seguridade de todos os usuarios.
De forma paralela, o goberno municipal segue traballando no trazado entre Manuel Álvarez e a Avenida de Madrid, cun corredor verde en torno ao río Lagares que acadará un total de 12 quilómetros de longo.