venres, 16 feb 2024
A Xunta de Goberno deu este venres luz verde á licitación do programa de inmersión lingüística "Vigo en Inglés" para os anos 2024 e 2025 cun importe total de 6 millóns de euros. O alcalde deu conta deste asunto explicando que o orzamento anual do programa será de 3 millóns de euros e que permitirá enviar a preto de 1.000 estudantes vigueses a estudar inglés ao Reino Unido e Irlanda.
venres, 16 feb 2024
Abel Caballero avanzou este venres que a Xunta de Goberno aprobou o aumento das subvencións que reciben as fundacións Érguete e Da Santa Cruz. Tamén sinalou que esta semana se deron o visto e prace a 96 novas axudas de emerxencia.
venres, 16 feb 2024
Abel Caballero informou que a Xunta de Goberno aprobou o convenio coa Fundación Arquia que levará adiante a terceira edición do “TAC!” en Vigo, valorada polo proxecto “Vigo Vertical”.
venres, 16 feb 2024
Segundo explicou o alcalde logo da Xunta de Goberno, o obxectivo é solucionar o saneamento nas inmediacións do Estadio Municipal de Balaídos para evitar a acumulación de auga nos días de choiva.
venres, 16 feb 2024
O goberno municipal súmase este domingo, 18 de febreiro, á conmemoración do Día Internacional da Síndrome de Asperger iluminando de azul as fontes da rúa Aragón, co obxectivo de dar visibilidade ao colectivo e reivindicar o exercicio efectivo dos dereitos das persoas que sofren esta síndrome a das súas familias.