O Halo entra en funcionamento para o uso da cidadanía
Con 50 metros de altura sobrevoando o acceso á cidade pola autoestrada, o Halo conta con dous ascensores con capacidade total para 24 persoas nun traxecto que dura entre 26 e 28 segundos a unha velocidade de 1,6 metros por segundo.

O Halo forma parte do programa municipal Vigo Vertical e ten un orzamento de 15,7 millóns de euros, cofinanciados polo Concello e con fondos europeos Next Generation EU achegados polo Goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Desde este venres a cidadanía pode empregar xa o Halo que permitirá comunicar dúas zonas moi poboadas da cidade, desde a rúa Serafín Avendaño e a contorna de García Barbón ata a praza de Vialia na zona de Vía Norte. O horario de funcionamento do Halo é de domingo a xoves de 6 a 23 horas e os venres, sábados e vésperas de festivos de 6 a 1 da madrugada.







