Escoitar

O Concello aproba a concesión das primeiras 11.611 becas de libros

A Xunta de Goberno Local vén de dar luz verde á concesión do primeiro bloque das axudas municipais a familias con fillas e fillos matriculados en Educación Primaria, Secundaria, Especial e Formación Profesional Básica.

mércores, 14 feb 2024

O alcalde informou este mércores do desenvolvemento da tramitación das becas de libros apuntando que esta semana comezará o pagamento das primeiras 11.611 axudas ás familias. As restantes irán aboándose nas vindeiras semanas ao alumnado beneficiario.

O goberno municipal dedica a este fin un importe total de 5,8 millóns de euros coa previsión de que poidan beneficiarse 28.500 estudantes vigueses matriculados en ensino Primario, Secundario, Educación Especial e Formación Profesional Básica. Cada un deles recibirá 205 euros para contribuír ao pagamento dos libros.

Descargar todas as imaxes