Escoitar

O Concello organiza un campamento de Entroido en VigoZoo

Pensado para nenas e nenos de entre 6 e 12 anos, a actividade municipal ofrecerá actividades de entretemento e de educación ambiental para nenas e nenos de entre 6 e 12 anos, co fin de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das familias neste período de vacacións.

martes, 6 feb 2024

O alcalde deu conta do campamento “Disfraces na natureza” que se desenvolverá nas instalacións de Vigozoo o próximo luns 13 e o mércores 14 de febreiro, coincidindo co período de vacacións escolares.

A actividade enmárcase no programa de educación ambiental de Vigozoo e está dirixida a nenas e nenos de 6 a 12 anos que oos vindeiros luns 12 e mércores 14 de febreiro poderán asistir de 9,30 a 14,00 horas, con horario de madrugadores a partir das 8 da mañá.

As nenas e nenos participantes poderán asistir disfrazados, recibirán coñecementos sobre técnicas de camuflaxe e mimetismo que usan os animais nun campamento no que aprenderán tamén a combinar a promoción da conciencia ambiental e o coñecemento da biodiversidade co lecer e a diversión.

O programa inclúe visita ao planetario, accións de enriquecemento ambiental, festa de disfraces, obradoiro de especies exóticas e invasoras, xogos de rastrexo e lego robótica.

Descargar todas as imaxes