O goberno local potencia entre os escolares de Vigo a presenza das nenas e mulleres na ciencia
O Museo Verbum será escenario o vindeiro xoves 8 de febreiro do programa de actividades organizado polo Concello para celebrar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Participarán 186 estudantes de secundaria de 6 colexios públicos de Vigo.
Abel Caballero presentou este martes o programa organizado polo Concello para celebrar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia coa finalidade de contribuír no acceso e a participación plena e equitativa nas disciplinas científicas e conseguir a plena igualdade de xénero. "Imos potenciar a presenza das mulleres e as mulleres na ciencia", afirmou.
O alcalde lembrou que no telescopio James Webb da NASA a viguesa Begoña Vila desenvolve a fotografía do principio do universo. Entre as actividades programadas atópase a conferencia da investigadora biomédica da Universidade de Vigo e divulgadora científica Nuria Estévez Gómez, así como talleres prácticos científico-tecnolóxicos.