Escoitar

O alcalde convoca un Pleno Extraordinario para tratar a "decisión da Xunta de asignar 5 millóns de euros ao campo de fútbol de Ferrol e 0 euros a Balaídos"

A convocatoria, solicitada polo grupo de goberno, celebrarase a próxima semana.

martes, 6 feb 2024

Abel Caballero convocou no día de hoxe a celebración dun Pleno Extraordinario do Concello de Vigo, no que se abordará a recente "decisión da Xunta de Galicia de asignar 5 millóns de euros para o campo de fútbol da Malata, en Ferrol, e dedicar cero euros a Balaídos". O rexedor adoptou esta decisión tras a solicitude remitida polo Grupo Municipal Socialista, e cualificou a decisión do goberno galego como "escandalosa" e digna de "ser tratada no pleno".

Co obxectivo de que Vigo "sexa tratada exactamente igual que o resto de cidades de Galicia", someterase ao pleno a decisión de negar recursos para Balaídos, afirmou Caballero.  O pleno extraordinario terá lugar a "vindeira semana, tratando a desconsideración e o maltrato da Xunta á cidade", indicou.