Aberto o prazo de inscrición para os cursos monográficos de verán 2011 dende o 30 de maio ao 17 de xuño
mércores, 1 xuñ 2011
Neste espazo pedagóxico teatral impartiranse obradoiros especializados de diferentes áreas e terán como obxectivo ofrece ao alumnado recursos técnicos e creativos para a súa formación complementaria. Estes obradoiros versarán en torno a materias como seguridade escénica,creatividade corporal e creación colectiva na escena. Terán un compoñente fundamentalmente práctico e están destinado a adultos/as a partir de 16 anos.
martes, 24 mai 2011
O xoves día 26 de maio, ás 19:00 horas, na Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, terá lugar o encontro con ilustradores "SOÑOS ILUSTRADOS", unha mesa redonda ao redor da Editorial Kalandraka e a súa laboura como editora nestes doce anos de existencia.
mércores, 11 mai 2011
O ciclo Músicas Inmigradas, adicado neste ano a Romanía e Uruguay, consiste en catro actividades de encontro e coñecemento mútuo utilizando a música como vehículo principal, que se celebran cada ano na E-Trad. A primeira parte consistirá en demostracións musicais e de danzas rumanas os días 13 e 20 de maio de 18:30h a 20:30h.
martes, 26 abr 2011
Abel Caballero anunciou hoxe martes a adxudicación das 290 bolsas municipais para outros tantos estudantes vigueses que aprenderán inglés no estranxeiro este verán. O total de bolsas deste ano subvencionadas polo Concello será de 350. Esta oferta cubre toda a demanda dos colexios públicos e unha parte dos concertados, unha medida para a que o Concello de Vigo destina este ano 700.000 euros.
luns, 18 abr 2011
Abel Caballero reuníu este luns á Asociación de Veciños do Freixeiro para ensinarlles o proxecto elaborado por Urbanismo para edificar un novo centro no lugar que hoxe ocupa o colexio Altamar, evitando así "destruir" a zona verde anexa ao Museo Liste, a outra alternativa proposta. O alcalde indicou que a Xunta de Galicia ten os terreos e o proxecto á súa disposición para telo construído, con "vontade", en outubro ou novembro.
Ata o 10 de xuño a mostra recolle os orixinais dunha vintena de álbums editados por Kalandraka
venres, 15 abr 2011
A sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo abre unha nova mostra da man dos mellores ilustradores que teñen publicado na prestixiosa editorial Kalandraka e que se pode visitar do 15 de abril ata o 10 de xuño.As obras abarcan unha ampla variedade de estilos e disciplinas artísticas: desde obra pictórica, ata cerámica, pasando por banda deseñada, collage ou figuras tridimensionais.
venres, 15 abr 2011
Abel Caballero revelou este venres o proxecto de ampliación con dúas novas liñas do colexio público de Navia, elaborado polos técnicos do Concello e cun custo estimado en 10 millóns de euros. O alcalde xa adiantou que porá os terreos a disposición da Xunta de Galicia para que execute a ampliación. Caballero tamén adiantou que proxecta a construción dunha escola infantil na parcela, edificada polo propio Concello de Vigo, e incluirá as partidas precisas nos próximos orzamentos.
martes, 12 abr 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este martes da aprobación en Xunta de Goberno Local dun orzamento de case 250.000 euros para os colexios de infantil e primaria, que xestionarán directamente os directores dos centros para efectuar melloras nos mesmos. Ademais, o goberno local deu luz verde á incorporación de seis vehículos ao parque da Policía Local de Vigo.
martes, 12 abr 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo pública este martes a resolución do consello de goberno da Universidade Nacional de Educación a Distancia pola que aproba e certifica a creación en Vigo do Centro de Internacionalización de Ensinanzas, que ocupará 3.000 metros cadrados do Auditorio Pazo de Congresos "Mar de Vigo", segundo revelou o alcalde vigués. O de Vigo será un centro pioneiro e en exclusiva en España.
xoves, 31 mar 2011
Do 4 ao 8 de abril o Auditorio da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia albergará, baixo a dirección técnica da Escola Municipal de Teatro, as II XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR, nas que participarán preto de 300 noveis actores e actrices pertencentes a 12 centros de educación primaria e aos grupos da Escola Municipal de Teatro de Vigo. Cada un dos centros de ensino participantes ofrecerá unha representación teatral.