xoves, 23 out 2008
A Escola Municipal de Música celebrou o mércores 22, o acto de inauguración do curso escolar 2008/2009, ao que asistiu o alcalde e a concelleira de Educación, Laura López Atrio. A escola con 385 prazas ten catro niveis de ensino: música e movemento, plan xeral de estudios, plan de estudios para adultos e plan de acceso ó conservatorio.
martes, 21 out 2008
Theatre in english comezou onte no Colexio Público García Barbón e está previsto que participen máis de 5.000 escolares vigueses, que asistirán tanto nos seus propios Colexios como no Auditorio Helios de Bembrive a 5 obras especialmente pensadas para o seu uso didáctivo. Así o presentou hoxe martes a concelleira de Educación, Laura López Atrio.
mércores, 15 out 2008
A concelleira de Igualdade, a nacionalista Iolanda Veloso, inaugurou este mércores o curso formativo de promotoras de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. No acto, agradeceu o interese das persoas participantes na iniciativa, en especial aos homes que amosaron o seu interese. O curso desenvolverase ata o 13 de novembro e está dirixido a persoas con formación nas ciencias sociais e/ou cunha especial sensibilización co enfoque de xénero.
luns, 13 out 2008
Os días 15, 16 e 17 de outubro celebrarase no Centro Social Caixanova o II Congreso Internacional "Tradución e Políticas Editoriais", organizado por catro docentes do Departamento de Tradución e Lingüística da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. O evento reunirá a expertos nacionais e internacionais que intercambiarán experiencias sobre a complexidade da tradución editorial.
venres, 10 out 2008
A Concellería de Educación oferta un programa educativo de narración musical co nome " O rodaballo con botas" pensado para o alumnado de 4,5 e 6 de Primaria, e que ven de presentar a concelleira , Laura López Atrio. A actividades desenvolverase os días 21 e 22 de outubro no auditorio do Centro Cultural Caixanova.
mércores, 24 set 2008
Abel Caballero acudíu este mércores a unhas das catro escolas infantís municipais da cidade para inaugurar oficialmente o novo curso 2008-2009. A escola Santa Marta está xestionada polo departamento muncipal de Educación e dispón de 82 prazas para nenos entre os 0 e os 3 anos de idade. <br />
xoves, 18 set 2008
Abel Caballero mostrou este xoves no IES Manuel Antonio o seu "compromiso coa ensinanza pública" na apertura do curso de Formación Profesional, onde animou aos rapaces e rapazas a conciliar o tempo de estudo co divertimento e a familia. O alcalde destacou que o Manuel Antonio é un exemplo dos centros públicos "de moi boa calidade" que acolle a cidade.
xoves, 11 set 2008
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudíu este xoves ao Colexio de Educación Infantil e Primaria Frián Teis como acto simbólico de inauguración do novo curso escolar para os rapaces. Alí, xogou xunto coa concelleira de Educación cos máis pequenos e presenciou unha clase de inglés cos maiores.
xoves, 17 xul 2008
O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Educación, Laura López Atrio, informaron do Programa de Inmersión Lingüistica 2007-2008 para nenos e nenas. O prazo de inscripción está aberto desde onte 16 de xullo e remata 28 de Xullo. O alcalde suliñou "que é un dos grandes compromisos políticos que se anunciaron na campaña electoral" e tamén apuntou "que o procedemento de selección dos 100 nenos e nenas é totalmente transparente e obxetivo". A Concelleria de Educación sinalou que " o custe das becas alcanzan os 2.000€ por persoa". O comezo da estancia en Irlanda e Inglaterra será a partir do 15 de setembro.<br />
xoves, 26 xuñ 2008
Ángel Rivas e Laura López Atrio fixeron este xoves un repaso ás actuacións máis destacadas dous seus departamentos. A edil de educación resumíu o seu labor no "diagnose, análise e mellora" da oferta educativa da cidade, e o concelleiro salientou o seu traballo "de proximidade" cos vigueses, facendo un seguemento das súas queixas ata ter resolto "máis do 70%" dos expedientes tramitados.