Escoitar
Aberto prazo de inscrición para cursos monográficos de verán 2012 dende o 11 ao 25 de xuño <br />

A Escola Municipal de Teatro presentan a programación dos obradoiros monográficos de verán

As preinscricións poderán facerse nas instalacións da Escola Municipal de Teatro (Avenida de Castelao nº 87 (interior)) en horario de 10:30 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 de luns a venres. A solicitude pódese encontrar na web www.vigo.org no enlace da Escola Municipal de Teatro de Vigo. Para máis información contactar no teléfono da escola 986485324 ou a través do correo electrónico em.teatro@vigo.org.

xoves, 21 xuñ 2012
1340276335teatro.jpg
Neste espazo pedagóxico teatral impartiranse obradoiros especializados de diferentes áreas que servirán como complemento das actividades que se desenvolveron durante o curso escolar na Escola Municipal de Teatro co obxectivo ofrecerlles aos/ás futuros/as alumnos/as recursos técnicos e creativos para a súa formación complementaria. Terán un compoñente fundamentalmente práctico e están destinados a adultos/as a partir de 16 anos.

O primerio obradorio "A COMEDIA DA ARTE", que impartirá Massimo Malucelli, desenvolverase nas datas comprendidas entre o 2 e o 6 de xullo, en horario de 17:00 a 21:00 horas. O obradoiro propón levar a cabo unha exploración das oríxes do teatro sacando a luz os procesos que sustentan a comedia, tocando primeiro a área creativa e os personaxes da "Comedia dell'Arte"

O segundo obradoiro "MAQUILLAXE ARTÍSTICO" impartido por Gustavo Brito, desenvolverase nas datas comprendidas do 2 ao 6 de xullo, en horario de 17:00 a 21:00. O obradoiro ten como obxectivo iniciar aos/ás participantes no arte da caracterización teatral e deste xeito ofrecer unha ferramenta mais para complementar e desenvolver o traballo escénico.

O terceiro obradoiro "TEATRO DE RÚA" impartido por Leonel García Laborde, desenvolverase nas datas comprendidas entre o 9 e o 13 de xullo, en horario de 17:00 a 21:00. O obradoiro mostra as características básicas deste tipo de espectáculo. O seu desenvolvemento estará baseado na creación dunha pequena mostra, desde a idea ata a posta en escena, para ser representada nun espazo da cidade como obxectivo final.

Por último obradoiro "INTERPRETACIÓN NON VERBAL" impartido por Leonel García Laborde, desenvolverase nas datas comprendidas entre o 16 e o 20 de xullo, en horario de 17:00 a 21:00 h. Este obradoiro traballará o uso da técnica corporal, sobre unha partitura de xestos e movementos que den lugar a un discurso claro e sinxelo na narración da historia, na creación de imaxes dramáticas, na creación dun espectáculo e mesmo para a vida cotiá ante determinadas situacións.
Descargar todas as imaxes