Escoitar
Anuncio

Pechada ao tráfico a rúa Espiñeiro

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de fresado e asfaltado, a realizar pola empresa UTE MORRAZO EXCOVER-BARDERA, estarán pechadas ao tráfico a rúa ESPIÑEIRO (Teis) e 1ª Trav ESPIÑEIRO, treito entre a rúa Maceiras e o Porto Deportivo, con acceso exclusivo para garaxes, dende o mércores 20 de xuño de 2012 ás 10:00 horas e por un período aproximado de tres días.<br />

mércores, 20 xuñ 2012
Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas: Maceiras, Pedro Alvarado e Dona Fermina.

Mentres duren as obras e para garantir o acceso establécese dobre sentido na rúa Espiñeiro. O acceso ao Porto Deportivo e ás empresas da 1ª Trav Espiñeiro (Lagoa) será polo paseo da Guia en dobre sentido.

Solicítase atención á sinalización e a máxima colaboración cidadá.