Escoitar

O alcalde eloxia a campaña de educación vial da Policía Local nun acto cun millar de escolares

Abel Caballero asistíu este martes ao IFEVI onde unha treintena de axentes da Policía Local de Vigo pecharon o curso escolar cunha exhibición ante preto dun millar de nenos e nenas de numerosos colexios de Vigo. O alcalde ensalzou a función educadora do corpo de seguridade municipal e a "cooperación" coa Policía Nacional.

martes, 19 xuñ 2012
1340111145polis.jpg
Unha treintena de axentes da Policía Local de Vigo realizaron este martes unha exhibición no IFEVI da súa actividade ante preto dun millar de escolares de distintos centros educativos da urbe, como "colofón á campaña de seguemento de tráfico e educación vial", indicou o alcalde.

Abel Caballero salientou a "cooperación" da Policía Local cos corpos de seguridade do estado e cos fiscais e apuntou que Vigo, en comparación con outros municipios de similiar tamaño, "está a demostrar que se pode ter un tráfico seguro e fluído".

A Policía Local levou a cabo distintas actividades demostrativas da súa acción cotiá ante os escolares, cunha exhibición da unidade de motoristas acrobáticos, da sección medioambiental, de axentes con cans antidroga e demostracións do modus operandi policial ante un intento de roubo dun vehículo ou de conducción baixo os efectos do alcol.
Descargar todas as imaxes