Escoitar

O Concello estudará homenaxear a figura de Pierre de Coubertin polo 150 aniversario do seu nacemento

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este martes un encontro con Conrado Durántez, presidente da Academia Olímpica Internacionl e da Fundación Pierre de Coubertin, ademais de membro do COE. A proposta deste, o goberno local estudará homenaxear en 2013 ao pai do olimpismo moderno.

martes, 19 xuñ 2012
1340111171durantez.jpg
Abel Caballero asegurou que estudará a idea posta sobre a mesa por Durántez de ensalzar a Pierre de Coubertin polo 150 aniversario do seu nacemento, que cumplirase en 2013, mediante un acto na cidade.

Revelou o alcalde que Vigo conta cun busto de Coubertin almacenado e unhas placas conmemorativas da cidade e estudará actualizalas e expoñelas ao público na cidade, segundo propuxo Durántez.
Descargar todas as imaxes