Escoitar

16 axentes da Policía Local vixiarán as zonas de costa durante os meses de verán

Vigo contará un ano máis coa sección Costa e Praia da Policía Local velando pola seguridade nos arenais da cidade. Segundo aseverou esta mañá o rexedor, son 16 efectivos, que entre 7 e 22,00 horas, realizarán, entre outras, funcións de protección do medio ambiente, seguridade cidadá e tráfico e seguridade vial.

luns, 18 xuñ 2012
1340033148bicicleta.JPG
O alcalde de Vigo presentou esta mañá os 16 efectivos que prestarán o servizo de prevención da seguridade pública nas zonas de costa en horario inenterrumpido entre as 7 e as 22,00 horas. Logo de presenciar en Samil unha exhibición dos axentes nas bicicletas, destacou que o número de policías era de 8 axentes en 2005 e de 12 en 2009. As funcións desta sección serán, segundo explicou, a protección do medio ambiente, a seguridade cidadá, tráfico, seguridade vial, policía administrativa -vixiancia do cumprimento das ordenanzas municipais e accións humanitarias ou de auxilio.

O ámbito de actuación é desde Bouzas ata Canido e este ano, como novidade, haberá unha oficiña permanente de atención cidadá que centralizará nun mesmo punto de Samil todos os servizos de emerxencia de praias (Policía Local, Cruz Vermella, Protección Civil e Socorrismo). Neste punto, Caballero destacou que esta oficiña tamén funcionará fora de tampada estival cando a afluencia de público nas praias sexa relevante. Durante a súa intervención cos medios de comunicación, subliñou a "excepcional" recepción cidadá á a sección Costa e Praia, "cun importante descenso dos hurtos e unha importante sensación de seguridade nos arenais".
Descargar todas as imaxes