O rexedor agradece á cidadanía a súa cooperación para que Vigo sexa a cidade máis limpa de España

O alcalde de Vigo felicitouse esta mañá porque a cidade recibiu por terceira vez consecutiva o máximo recoñecemento español en limpeza para cidades de máis de 250.000 habitantes. Caballero, quen recolleu onte en Madrid a escoba de platino, agradeceu a cidadanía a cooperación activa para conseguir este galardón.

venres, 15 xuñ 2012
1339761367Escoba.jpg
O alcalde de Vigo agradeceu á cidadanía a "cooperación activa" para que Vigo obtivera por tercera vez consecutiva a escoba de platino. Na súa opinión, obter e revalidar este galardón non é fácil, pero "estamos á cabeza de España" en calidade da limpeza entre municipios de máis de 250.000 habitantes.

Ao tempo que amosaba a súa satisfacción, recoñeceulle á empresa e aos traballadores a súa dedicación, lembrando que a concesionaria presta a mesma calidade nos servizos pese a ter reducido o seu custo para as arcas municipais en tres millóns de euros.

O premio valora e distingue aquelas actuacións e traballos realizados para mellorar ou defender a xestión dos residuos, a limpeza e o aseo urbano. De carácter bianual, esta distinción -que xa foi concedida a Vigo en 2008 e en 2010- premia os esforzos e as realizacións coa intención de estimular os avances tecnolóxicos e de concienciación que serven para mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a sostenibilidade das cidades.
Descargar todas as imaxes