Primeiro Encontro cinematográfico Vigo, límite 36 horas

A Escola Superior de Artes Cinematográficas de Galicia, en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas do Concello de Vigo, organiza o primeiro encontro cinematográfico Vigo Límite 36 horas, os días 27, 28, 29 e 30 de xuño. O prazo de inscrición está aberto e finaliza o 26 de xuño ás 15:00 horas.

venres, 15 xuñ 2012
1339591476vigolimite.jpg
Coa intención de potenciar os lazos que unen a esta cidade coa tradición cinematográfica, a Escola Superior de Artes Cinematográficas de Galicia, en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas do Concello de Vigo, organiza o primeiro encontro cinematográfico Vigo Límite 36 horas. Un concurso no que as e os participantes terán que producir, rodar e editar unha curtametraxe sobre un mesmo tema: Vigo a través dos sentidos. A súa interpretación é libre, permitindo que os participantes poidan expresar toda a súa creatividade a través dos seus proxectos.

Para finalizar o encontro, o sábado 30 ás 20:00 horas, no Verbum-Casa das Palabras (Avenida de Samil, 17), celebrarase unha gala moi especial na que, amais da proxección dos traballos realizados, un xurado formado por profesionais do sector seleccionará o palmarés desta primeira edición. Os e as participantes poderán levar un primeiro premio de ata 1.000 €, e un segundo de ata 700 € (dependendo do volume de inscrición, xa que o 40% destinarase a premios en metálico).

O prazo de inscrición está aberto e finaliza o 26 de xuño ás 15:00 horas. As persoas interesadas poden consultar as bases a través de www.egaci.net/36horas ou solicitar máis información a través de limite36horas@egaci.net
Descargar todas as imaxes

Máis información