Escoitar

Obradoiros de horta urbana ecolóxica

A concellería de Xuventude organiza uns obradoiros de horta urbana ecolóxica que se celebrarán os meses de xullo, agosto e setembro no exteriores da Casa da Xuventude.

venres, 15 xuñ 2012
1339759694huertourbano.jpg
Obxectivos:
Sensibilizar á mocidade en materia ambiental e de sustentabilidade.
Dar a coñecer os fundamentos da agricultura ecolóxica.
Fomentar unha alimentación máis saudable entre a mocidade.
Dotar dos coñecementos precisos para crear hortas de xeito autónomo.

Datas:
Xullo, agosto e setembro de 2012. 6 sesións. 15 participantes.

Prazos e lugar de inscrición: DENDE O DÍA 15 DE XUÑO en horario de 10 a 13,30hs e de 17,30 a 20,00hs.
Inscrición na Casa da Xuventude (López Mora nº31)

Destinado a: Mozas e mozos de Vigo ata os 35 anos de idade e con interese neste tema. No caso de menores de idade deberán traer unha autorización materna/paterna ou do seu titor/a.

Documentación para inscrición: Fotocopia do DNI e volante de empadroamento no Municipio de Vigo.

Máis información:
Casa da Xuventude: 986 294 806 - Punto Xove 986 223 004 – Espazo Mozo do Castro 986 485 541 www.xuventudevigo.org – Vigosónico 608 848 989 e na web xuventudevigo.org
Descargar todas as imaxes