Escoitar

Pechadas ao tráfico as rúas Montecelo Alto, Enrique Lorenzo e camiño Blanqueiro

venres, 15 xuñ 2012
- Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de reparación de CT, a realizar pola empresa UNION FENOSA, estará pechada ao tráfico a rúa MONTECELO ALTO, CXON, con acceso exclusivo para garaxes, dende o venres 15 de xuño de 2012 ás 16:00 horas e por un período aproximado dun día.

- Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de saneamento, a realizar pola empresa AQUALIA, estará pechada ao tráfico a rúa Enrique Lorenzo, dende o luns 18 de xuño de 2012 ás 10:00 horas, con acceso exclusivo para garaxes, e por un período aproximado de tres meses.
Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas: Dr Corbal ou Pedro Alvarado e Maceiras para todo tipo de tráfico e polas rúas: Pedro Alvarado e Purificación Saavedra para o acceso ao MERCADO

- Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de CANALIZACION DE GAS CON CORTE DE TRAFICO, a realizar pola empresa Gas Galicia Sdg Sa , estará pechada ao tráfico a rúa BLANQUEIRO(CMÑO) Nº 18 (CANDEAN) , con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 18 de xuño de 2012 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.