Os sindicatos velarán pola prevención laboral nas obras de humanización do Concello
O alcalde de Vigo avanzou esta mañá que serán representantes sindicais os que velen pola seguridade laboral das obras de humanización impulsadas polo Goberno Local. Así o determina un convenio asinado entre Concello e UXT, CCOO e CIG por un valor de 45.000 euros.
A Xunta de Goberno local deu luz verde hoxe luns ao convenio de colaboración entre o Concello e os sindicatos comarcais de UXT, CCOO e CIG para a prevención de riscos laborais das obras promovidas desde a administración local. Segundo explicou o rexedor, o importe do acordo de colaboración ascende a 45.000 euros e desenvolverase entre o 1 de xullo e o 31 de decembro.
Esta modalidade de control de obras xa foi a aplicado nos anos 2009 e 2010 e, dado o éxito, dixo, ponse en marcha outra vez, "creemos que un modelo que debería implantarse en todas as administracións públicas de España porque que sexan os propios sindicatos os que se encarguen desta tarefa é a mellor forma de velar pola seguridade".
Xerencia de Urbanismo
Pola súa banda, na sesión da Xerencia de Urbanismo desta mañá propuxose á Xunta Local de Goberno a recepción definitiva das obras de humanización da UA-03 Chantada. Trátase, explicou o alcalde, dun ámbito moi "importante" de 30.000 metros cadrados con 265 vivendas construidas ou en construcción, ademais de 3.500 metros cadrados ou 14.000 metros cadrados de viais, con arbolado e mobiliario urbano.
Na súa explicación, detallou que a urbanización está composta por unha rúa principal que se corresponde co vial de conexión entre a Avenida de Castrelos e o vial da Universidade, a conexión desta con Canicouba e Chantada, parte da rúa Ribadavia e o vial da Universidade, ademais de 5 rúas máis transversais ao vial principal.
Outras dos acordos na sesión semanal de Urbanismo foi conceder 33 licenzas de obras e 8 de actividade, por un investimento total de preto dun millón de euros.