O Auditorio do Concello acolle ata o xoves as III xornadas de Teatro Municipal Escolar
As III xornadas de Teatro Municipal Escolar desenvolvense desde onte luns, ata o próximo xoves, 10 de maio no Auditorio Municipal, coa participación de 300 noveis actores e actrices pertecentes a 13 centros de educación primaria e aos grupos de nenos/as e mozos/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo. Trátase dunha experiencia de participación aberta a toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias e contorno.
Cada un dos centros de ensino participantes ofrece unha representación teatral e deste xeito comparte co resto dos centros o traballo creativo que desenvolveron individual e colectivamente ao longo do curso.
Durante este período no que se organizan estas III Xornadas, a Concellería de Educación pon ao alcance dos centros educativos participantes un servizo de apoio e seguemento que garante todo tipo de consultas e intercambios de información sobre este encontro teatral, que é dinamizado polo claustro de profesores/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo.
A diferenza doutras iniciativas, como mostras ou concursos de teatro escolar, esta programación didáctico-teatral favorece e supón un reforzo tanto do proceso de traballo creativo cotiá do profesorado e alumnado nos centros escolares como da plasmación final por parte dos escolares en formato obra de teatro.
Coa continuación por terceiro ano consecutivo destas xornadas preténdese recoñecer o labor creativo que se está a desenvolver nos centros de ensino, ademais de tender pontes de froitífera colaboración entre os contornos escolares e o teatro profesional.
Descargar todas as imaxes