A artista Paula Mariño exhibe as súas fotografías na Alcaldía colocando a "muller nun escenario como suxeito e obxecto da arte"
Abel Caballero loubou esta mañá a exposición da artista Paula Mariño que desde hoxe martes se poden visitar na Alcaldía dentro de Mostrarte. Baixo o título Suxeito-obxecto, as fotografías expostas son imaxes que "tentan establecer unha distancia crítica coa arte dominada por homes, colocando a muller nun escenario no que se convirte en protagonista e no que, ao fin, aparece como suxeito e obxecto da arte.