Educación e a Escola Municipal de Teatro presentan as III Xornadas Municipais de Teatro Escolar
A concelleira de Educación, Raquel Díaz, inaugurou este luns estas xornadas que alberga o Auditorio municipal ata o 10 de maio, nas que participan preto de 300 noveis actores e actrices pertencentes a 13 centros de educación primaria e aos grupos de nenos/as e mozos/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo. Este evento posibilita unha experiencia de participación aberta a toda comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias e contorno.
![1336391029raquel.jpg 1336391029raquel.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1336391029raquel.jpg)
Cada un dos centros de ensino participantes ofrece unha representación teatral e deste xeito comparte co resto dos centros o traballo creativo que desenvolveron individual e colectivamente ao longo do curso.
Durante este periodo no que se organizan estas III Xornadas, a Concellería de Educación pon ao alcance dos centros educativos participantes un servizo de apoio e seguemento que garante todo tipo de consultas e intercambios de información sobre este encontro teatral, que é dinamizado polo claustro de profesores/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo.
A diferenza doutras iniciativas, como mostras ou concursos de teatro escolar, esta programación didáctico-teatral favorece e supón un reforzo tanto do proceso de traballo creativo cotiá do profesorado e alumnado nos centros escolares como da plasmación final por parte dos escolares en formato obra de teatro.
Coa continuación por terceiro ano consecutivo destas xornadas preténdese recoñecer o labor creativo que se está a desenvolver nos centros de ensino, ademáis de tender pontes de froitífera colaboración entre os contornos escolares e o teatro profesional.
Durante este periodo no que se organizan estas III Xornadas, a Concellería de Educación pon ao alcance dos centros educativos participantes un servizo de apoio e seguemento que garante todo tipo de consultas e intercambios de información sobre este encontro teatral, que é dinamizado polo claustro de profesores/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo.
A diferenza doutras iniciativas, como mostras ou concursos de teatro escolar, esta programación didáctico-teatral favorece e supón un reforzo tanto do proceso de traballo creativo cotiá do profesorado e alumnado nos centros escolares como da plasmación final por parte dos escolares en formato obra de teatro.
Coa continuación por terceiro ano consecutivo destas xornadas preténdese recoñecer o labor creativo que se está a desenvolver nos centros de ensino, ademáis de tender pontes de froitífera colaboración entre os contornos escolares e o teatro profesional.
![1336391029raquel.jpg 1336391029raquel.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1336391029raquel.jpg)
![1336391039xornal.jpg 1336391039xornal.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1336391039xornal.jpg)