Escoitar

Caballero subliña que "Vigo en galego" levará o idioma de forma "lúdica e educativa" á cidadanía

O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Normalización Lingüística, Manel Fernández, presentaron este venres "Vigo en Galego", o nome baixo o que aglutínase a campaña municipal de promoción do noso idioma con actividades para todos os públicos. A iniciativa conta coa participación de Uxía Blanco e Benigno Campos, entre outros colaboradores.

venres, 4 mai 2012
1336135193cartel1.jpg
Abel Caballero salientou que "Vigo en galego" procura entender e transmitir o idioma desde a "cercanía, fuxindo da imposición e da confrontación", con accións en distintos ámbitos para todas as idades e por toda a cidade, co obxectivo de chegar aos 300.0000 vigueses e viguesas.

A programación para o mes de maio está agrupada en tres aspectos: para publico infantil e familiar; poboación adulta e asociacións.

Público infantil e xuvenil

Pescando palabras, cociñando poemas, dirixida a mozos e mozas de 6 a 12 anos, estas xincanas lingüísticas sobre Valentín Paz Andrade pretende achegar esta figura ao público xuvenil a través de distintas probas que se realizarán ao longo da actividade. Terán lugar na Ludoteca de Coia,o venres 4 ás 17.30 horas e na Biblioteca Neira Vilas, venres 4 ás 18.00 horas

Valentín Paz Andrade na voz da xente, actividades de distinto formato que achegan a figura do homenaxeado nas Letras Galegas á mocidade. Desenvolveranse varias en distintos puntos da cidade en prazas, parques, ludotecas e bibliotecas

Ludoteca lingüística, achegamento aos xogos tradicionais a partir de distintas probas que han realizar as cativas e cativos e nas que deben demostrar o seu coñecemento do léxico e fraseoloxía. Centro Cívico de Teis, mércores 9 de maio ás 17.30 h e Praza da Independencia, venres 11 de maio ás 18.00 h

Achégate ás Letras, actividade na que se achegan láminas con obras e caricaturas dos persanxes das nosas letras a quen lles foron dedicados o Día das Letras Galegas

Polo correo do vento, actividade impartida por un contador de historias e un deseñador, co cal estamos a achegarnos ao público dun xeito dobre: a través da imaxe e a través da palabra. Ao remate, o debuxante guia aos cativos e cativas para debuxaren as súas creacións e todos eles e ellas pintan as distintas viñetas que foi crando ao devir da historia. Na Biblioteca central o días 15 de maio ás 18.00 horas

Público familiar

Proxección dunha película nos Cines Yelmo o sábado 19 de maio (sábado) en horario de mañá. Ao rematar esta actividade haberá accións dinamizadoras complementarias ao fío da temática do filme.
Habilitan 2 salas. En colaboración con Cadena Dial

Para os centros de ensino será a proxección deste filme os días 21 e 22 de maio en horario escolar. Achegámoslle unha unidade didáctica elaborada polo SNL e actividades complementarias tras a proxección.

Para os máis cativos (infantil) proxeccións de curtametraxes nos cine Yelmo os días 14 e 15 (contos do mundo) e os días 23 e 24, contos de sempre.

Poboación adulta

Charlas sobre toponimia
Continuando co traballo de recolleita e divulgaciónda toponimia das nosas parroquias e cara a dar a coñecer o proxecto, espertar o interese e así acadar colaboración das e dos veciños programamos diversas charlas sobre toponimia en parroquias como Bembrive, Candeán, Comesaña, Valadares, Zamáns.... en colaboración coas asociacións veciñais e comunidades de montes

A primeira destas vai ser no Centro Cultural de Zamáns o 4 de maio ás 19.30 h e vai ser impartida por Xose Lois Vilar.

Neste mesmo sentido, agardamos poder asinar protocolos de colaboración con estas entidades para recoller a microtoponimia destas parroquias e continuar coa publicación dos respectivos volumes, dentro da colección O Val do Fragoso.

Neste 2012, dentro desta colección imos publicar os volumes correspondentes a Beade e Teis.

Curso de escrita creativa

Impartido por Francisco Castro, escritor. Serán os días 14,21 e 28 de maio na Biblioteca central de Vigo a partir das 19.00 horas. Dirixido a persoas que teñan inquedanzas de escrita creativa... outro xeito de traballar pola normalización da lingua galega

Comunícate en público

Charlas impartidas por Uxía Blanco para vencer non só o medo a comunicarnos en público senón tamén eses nosos proxeuízos que se resumen nun... Es que no hablo bien el gallego. Serán na Biblioteca central o día 15, na Biblioteca Neira Vilas o 23 e dirixidas para as directivas do movemento asociativo os días 4 e 5 de xuño no edificio Fernando Carreras.Son a partir das 19.00 h
1336135193cartel1.jpg
1336135223vigoengalego.jpg