Escoitar

O goberno local programa concertos de balde do alumnado do Conservatorio Superior pola Semana de Música de Cámara

Terán lugar os días 7, 8, 9 e 11 de maio no Auditorio Municipal do Concello e no Auditorio Martín Códax do Conservatorio ás 19 horas con entrada libre ata completar aforo. A edil de Cultura, Isaura Abelairas, presentou este xoves a programación, que ofrecerá ao público asistente cuartetos de corda, dúos de violín e piano ou percusións, entre outras.

xoves, 3 mai 2012
1336061108isaura.jpg
A concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, e o vicedirector do Conservatorio Superior de Música de Vigo, Rafael Yebra, presentaron este xoves a progamación elaborada para conmemorar a Semana de Música de Cámara, catro concertos gratuitos para ofrecer "espazo" ao "talento" do alumnado e o "traballo" do profesorado do centro.

Abelairas explicou que estes espectáculos -dentro do marco da colaboración estable entre ambas entidades- celebraranse os días 7, 8, 9 e 11 de maio ás 19 horas con entrada libre ata completar aforo, a primeira e última xornada na sala Martín Códax e o 8 e 9 de maio no Auditorio Municipal do Concello. A concelleira afirmou que o goberno local coopera na actividade coa difusión e cartelería da mesma e cedéndolles o espazo.

Pola súa banda, Rafael Yebra agradeceu ao goberno local a súa colaboración e resaltou que ambos veñen traballando neste proxecto desde o pasado mes de novembro, concertos ofrecidos por agrupacións de percusión, vento, dúos de piano e violín, metais, etcétera, dentro dos case 400 estudantes que cursan a súa formación musical neste centro.

O vicedirector subliñou o "bo traballo" derivado da cooperación entre o Concello e o Conservatorio Superior para ter "un espazo" fóra do centro e "aproximarse á cidade", amosar o "talento" do alumnado e o "traballo" do profesorado, profesionais que levan o nome de Vigo polo exterior.
Descargar todas as imaxes