Escoitar

O Concello dispón de monitores nos parques biosaudables e medicións antropométricas na Casa da Xuventude

A concelleira de Xuventude, Sanidade e Medioambiente, Chus Lago, presentou este xoves novidades con respecto ao Plan Saúde municipal, que trasladou á Casa da Xuventude ás medicións antropométricas e pon a dous monitores en 16 parques biosaudables para "dinamizar estes espazos" e informar aos usuarios sobre os aparatos.

xoves, 3 mai 2012
1336061008chus.jpg
Chus Lago explicou que as medicións saudables na Casa da Xuventude están a obter "moi boa acollida" polos usuarios, estando dispoñibles de 10 a 14 horas e de 17 a 20 horas os martes e os xoves.

Deste que instaurouse esta unidade, a finais de 2008, xa pasaron pola mesma máis de 2.100 persoas, arroxando un balance dun 18% en peso normal, un 47% con sobrepeso e un 35% de obesidade. Os monitores informan e aconsellan personalizadamente sobre hábitos de vida saudables -alimentación, deporte, etcétera- e derívanos ao centro de saúde de detectar trastornos alimenticios graves.

A concelleira indicou que aquelas asociacións interesadas en contar coa unidade de medicións poden solicitala na propia Casa da Xuventude, actualmente na Asociación Aspanaex.

Por outra banda, o goberno local disporá a dous monitores en 16 parques biosaudables da cidade -Cristo da Victoria, Teixugueiras centro, Bouzas, Pablo Iglesias, Alameda Iglesias, Alameda Matamá, A Miñoca, Castrelos, Emigrante, O Castro, Areal, Sampaio, Jenaro de la fuente, Ernesto Lecuona, Antigo Cuartel de Barreiro e Feira- para "dinamizar estes espazos, que a xente saiba como utilizar os aparatos e para as recomendacións e preguntas", explicou Lago.

Os monitores, que traballarán en horario de mañá e tarde, estarán ben identificados con chalecos rechamantes e operarios municipais están a informar dos horarios nos propios parques biosaudables.
Descargar todas as imaxes