Escoitar

O alcalde pide o apoio da afición do Celta para superar ao Dépor nos cuartos da liga indoor

O Concello, que patrocina ao RC Celta de Vigo indoor, acolleu este mércores a presentación do partido que enfrontará ao equipo vigués co Deportivo de A Coruña, o próximo venres ás 20:45h no pavillón das Travesas, partido único correspondente aos cuartos de final da competición. As entradas custan 5 euros anticipada e 8 en taquilla, sendo de balde para os menores de 12 anos.

mércores, 2 mai 2012
1335959642futbol.JPG
O alcalde, Abel Caballero, animou á cidadanía viguesa a asistir ao Pavillón das Travesas o próximo venres, 4 de maio, ás 20:45 horas para apoiar ao equipo indoor do Real Club Celta de Vigo, que xógase o pase ás semifinais da competición fronte ao Deportivo de A Coruña a partido único.

O derbi galego volve a Vigo cun prezo de 5 euros de venda anticipada -na tenda oficial do Celta en Balaídos e nas oficinas de Diesemm- que serán 8 na taquilla do pavillón. Os menores de 12 anos, presentando o DNI, poderán acceder de balde ao encontro.

O Celta indoor ven de sufrir unha derrota ante o eterno rival o pasado 13 de abril en Coruña, nun partido no que ambos clubs non se xogaban nada ao ter asegurado o pase aos cuartos de final. Desta volta, a rivalidade será máxima ao xogarse o pase á seguinte rolda a partido único.
Descargar todas as imaxes