A Corporación esixe á Xunta o proxecto de execución definitivo do novo hospital
O PSOE e o BNG reclaman "transparencia" á Xunta de Galicia para que faciliten proxecto de execución definitivo do novo hospital de Vigo, así como os recursos dispoñibles para a súa realización. Socialistas e nacionalistas deron luz verde a sendas mocións nas que esixen o carácter público e estratéxico para que esta infraestrutura sanitaria sexa hospital de referencia de toda a área sanitaria.
Socialistas e nacionalistas uniron os seus votos no Pleno desta mañá para reclamar á Xunta de Galicia a exposición pública e toda a información referida ao proxecto de execución do novo hospital de Vigo. Ambos grupos presentaron sendas mocións, que se debateron conxuntamente e que contaron cos apoios das dúas formacións, nas que solicitaban que o modelo de finanzamento fora público e que a infraestrutura sexa referencia de toda a área sanitaria.
No texto defendido polo concelleiro Cayetano Rodríguez solicítase que o Goberno municipal denuncie o Convenio do ano 2006, "gravemente lesivo" para o Concello de Vigo. Durante o debate plenario, o voceiro do BNG, Santiago Domínguez pediu, tal e como se recolle na moción nacionalista que o novo hospital de Vigo sexa un referente para o tratamento do cancro, para a investigación e a docencia.