Escoitar

O Concello insta á Xunta a invertir 5 millóns de euros en políticas de emprego en Vigo

Socialistas e nacionalistas aprobaron no Pleno de hoxe luns unha moción defendida por Santos Héctor na que solicitan á Consellería de Traballo e Benestar a incorporación dunha partida de alomenos 5 millóns de euros para a contratación de desempregados para servizos á comunidade no concello de Vigo.

luns, 30 abr 2012
Co voto a favor de PSOE e BNG e o voto en contra do PP, o Pleno da Corporación deu luz verde esta mañá a unha moción socialista pola que se solicita á Consellería de Traballo e Benestar que, mediante a ampliación da Orde de Cooperación "Xunta de Galicia-Corporacións Locais", inclúa unha partida de alomenos 5 millóns de euros para a contratación de desempregados. No texto defendido por Santos Héctor insta á Xunta a que os fondos para cooperación teñan en conta para o seu reparto o número de habitantes e o número de desempregados, un criterio que ata o de agora non se aplica.

Educación
Outra das mocións aprobadas na sesión plenaria desta mañá co voto favorable de socialistas e nacionalistas e o voto en contra dos populares foi defendida pola concelleira Raquel Díaz criticando os recortes do Goberno central en educación. Concretamente, no texto ínstase aos Gobernos central e Autonómico a que frenen de "xeito inmeditato" o anunciado recorte orzamentario en educación, ademais de poñer en marcha un plan de apio ao ensino público.