Caballero asegura que os municipios españois "avalan" a súa postura sobre a Cidade da Xustiza
O alcalde de Vigo e vicepresidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) explicou hoxe venres que a entidade avoga porque as cidades non asuman competencias que non lle corresponden por lei, en particular defende que as urbes non asuman o custo de ceder o solo aos gobernos autonómicos para que estes fagan obras da súa competencia.
Abel Caballero asegurou este venres que os 8.100 municipios españois pretenden que o Goberno de España asuma o seu posicionamento sobre as competencias impropias que os concellos exercen sen contar co financiamento pertinente.
En particular, a FEMP fixo propostas para que non sexan as cidades as que asuman o custo de cesión dos terreos para que outras administracións, como as autonómicas, poidan executar obras da súa competencia, polo que "toda a FEMP avala a posición do alcalde de Vigo sobre a Cidade da Xustiza", concluíu o rexedor.
Pese a este posicionamento, e de cara á construción dunha nova dotación xudicial en Vigo, o alcalde recordou que a Xunta de Galicia ten sobre a súa mesa unha proposta municipal de adquisición dos terreos con "custe cero" para o goberno de Santiago e unha dotación de solo público por parte do Concello por valor de millón e medio de euros.
Descargar todas as imaxes