O alcalde solicita ao director xeral de Novagalicia Banco solucións para os afectados polas preferentes
O rexedor aproveitou a reunión que hoxe venres mantivo con director xeral de Novagalicia Banco, Juan Díaz Arnau, para reiterar a preocupación do Goberno municipal pola situación dos afectados polas preferentes. Ao longo do encontro, o directivo avanzoulle a intención da entidade a recuperar parte da obra social, aínda que admitiu que nunca volverá ser como antes.
Buscar solucións para os afectados polas preferentes foi unha das cuestións que o rexedor abordou co director xeral de Novagalicia Banco, Juan Díaz Arnau, durante o encontro que mantiveron esta mañá de venres. Reiterou o compromiso do Goberno municipal de involucrarse "na medida do posible coas persoas que non poden dispoñer dos aforros de toda a vida", avanzando que lles van a ceder un local a maiores do que xa teñen á súa disposición.
Logo de loubar a traxectoria profesional e a "boa xestión" de Díaz Arnau, -procedente de Caixanova-, Caballero trasladoulle aos medios de comunicación que lle solicitou acción financeira para a área industrial de Vigo, así como que se cumpran os estatutos e que os órganos de goberno da entidade bancaria se reúnan en Vigo. A este respecto, destacou a boa resposta que obtivo do directivo, quen tamén lle avanzou a intención de recuperar parte da obra social perdida na cidade, aínda que recoñeceu que nunca volverá ser como antes.
Descargar todas as imaxes