Escoitar

Caballero destaca a "calidade literaria" de Marcial Lafuente Estefanía

O alcalde de Vigo presentou esta mañá o documental "Marcial Lafuente Estefanía. Galicia Máis oeste que nunca", baseado na figura deste popular autor de novelas o oeste que comezó á súa carreira no Vigo dos anos 40. Baixo a dirección de José Ballesta de Diego, este traballo presentase o sábado,5 de maio as 20.30 horas, no Auditorio Municipal.

venres, 4 mai 2012
1336130321cartelestefania.jpg
Marcial Lafuente Estafanía escribiu grande parte da súa obra no bar pensión Vilagarcía, que estaba situada Alfonso XIII, tal e como explicou hoxe venres o rexedor, durante a presentación do documental que aborda a vida deste popular escritor de novelas do oeste. Caballero destacou a "calidade literaria" do escritor e lembrou que "fomos moitos os nenos que aprendemos a ler con estas novelas e agora sabemos que se escribían en Vigo", dixo. Felicitou a o director do documental, José Ballesta de Diego por esta "interesante" iniciativa.

Mediante testemuños e material de arquivo abórdase a figura de D. Marcial Lafuente Estefanía, popular autor de novelas do Oeste, que comezou a súa carreira en Vigo nos anos 40, da man da editorial Cíes, a primeira galega de posguerra.

Entre os participantes destaca Federico Lafuente, fillo de Marcial, quen estará presente na proxección, e que segue escribindo as noveliñas do pai, con fondos lazos con Vigo ao transcorrer aquí a súa infancia e adolescencia. Con el entrevístase a escritores como Fernando Savater, X.L.Méndez Ferrín, Francisco G. Ledesma, Eduardo Mendicutti ou Domingo Villar; especialistas como Carlos Abraham, Fernando Eguidazu e Pedro Puialto; ou a popular autora de novela rosa CORÍN TELLADO, falecida en 2009, e que concedeu a súa última entrevista para este documental.

Finalmente, a xeito de noveliña, o documental inclúe o considerado primeiro western galego ou grelos-western. Estreado no Festival de Cans, en maio de 2010, esta curtametraxe espertou o interese dos medios de comunicación e colleitou grande éxito de público e crítica; resultando seleccionada para competición, entre máis de 700 producións de todo o mundo, no Festival Internacional de Cine de Ourense na súa derradeira edición.

O acceso á proxección realizarase mediante invitación a retirar nas taquillas do auditorio dende as 18,30h.
1336130321cartelestefania.jpg
1336132621documental.jpg
Descargar todas as imaxes

Máis información