Caballero sinala que a cooperación entre Policía Local e Nacional consolida Vigo como unha cidade segura
O alcalde de Vigo aboga pola continuidade na cooperación entre a Policía Nacional e Local para que Vigo siga a ser unha cidade segura, tal e como indican os índices de delincuencia. No transcurso dun encontro que mantivo esta mañá co xefe superior de Policía de Galicia, Jaime Iglesias Fernández, Caballero enfatizou a necesidade de manter a coodinación existenten para seguir a sumar efectivos.