Escoitar

O rexedor ratifica a "cooperación activa" do Concello cos congresos que se organicen na cidade

Abel Caballero subliñou esta mañá a vocación de Vigo como cidade de congresos e avanzou a "cooperación activa" do Goberno municipal para calquera iniciativa congresual que se desenvolva na cidade. Así o asegurou durante a recepción dos organizadores do Congreso de Automática da Escola de Enxeñería da Universidade de Vigo. Insistiu en que este tipo de iniciativas "sempre terán as portas abertas" porque son un factor de movilización social, económico, científico e técnico moi importante.

martes, 8 mai 2012
1336488554congreso.JPG
Descargar todas as imaxes