martes, 7 out 2003
A Comisión de Goberno ven de aprobar as bases do concurso de ideas para a elaboración e desenvolvemento dos programas educativos do Concello de Vigo para o curso 2003-2004, cara impulsar iniciativas didáctico e pedagóxicas que fagan posible a mellora da calidade formativa da comunidade educativa e que poidan integrarse nas programacións dos centros.
mércores, 1 out 2003
O concelleiro de Educación, Xulio Calviño, asegura que a formación teatral para nenos e mozos quedará garantida nos colexios de Vigo a través de programas descentralizados que se impartirán en tres centros de primaria e outros tres de secundaria distribuidos pola cidade. Deste xeito, darase continuidade ao programa impartido pola Escola Municipal de Teatro, que durante os últimos catro anos ofertou formación similar na escola Mestres Goldar.
A matrícula estará aberta do 24 de setembro ó 7 de outubro
mércores, 24 set 2003
Un total de 23 actividades con temáticas tan variada como arpa céltica, artes gráficas, canto popular, cerámica, construcción de zanfona e gaita, corte e confección, debuxo, encadernación, encaixe de palillos, escultura e talla na madeira, gaita, galego, inglés, luthería antiga, ourivería, percusión, pintura, repuxado en coiro, requinta, son e música moderna, violín folk e zanfona desenvolveranse o este curso na Escola de Artes e Oficios.
luns, 7 xul 2003
O Concello asinará un convenio de colaboración coa Consellería de Educación para a ampliación das instalacións do centro de ensino Doutor Fleming polo que a comunidade educativa deste colexio deberá trasladarse ao CEIP Rocío de Bouzas durante o vindeiro curso escolar.
venres, 27 xuñ 2003
O concelleiro de Educación, Xulio Calviño, clausura o curso das escolas infantís municipais no acto que se celebra na tarde do venres na escola Atalaia de Teis. Neste curso participaron un total de 178 meniños nestes centros de ensino.
martes, 27 mai 2003
O alumnado da Escola municipal de música participará en diversos concertos organizados para celebrar o remate do curso nos que se pretenden amosarlle a outros rapaces os seus coñecementos adquiridos. A entrada aos concertos é libre e gratuíta.
luns, 19 mai 2003
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, presentou o Plan de de Creación da Rede Municipal de Escolas Infantís, un documento no que se avalían as necesidades da cidade no eido da educación de menores de tres anos e se especifican as infraestructuras que cómpre acometer e o presuposto necesario.
martes, 6 mai 2003
A concelleira de Educación, Ana Gandón, asistiu á apertura do I Certame de títeres, guiñois e marionetas que se celebra no auditorio municipal.
martes, 6 mai 2003
A concelleira de Educación, Ana Gandón, presentou o balance de xestión da Escola de Artes e Oficios que consistiu na reforma e acondicionamento do edificio, na creación dunha orquestra e actividades artísticas, ademais da reorganización do sistema de admisión e representación do alumnado.
luns, 5 mai 2003
Os días 6 e 7 de maio terá lugar no auditorio municipal o "I Certame escolar de marionetas e guiñois", organizado pola Federación da Asociacións de Nais e Pais de Alumnos en colaboración coa concellería de Educación.