Obradoiro de verán da Escola Municipal de teatro

mércores, 12 xuñ 2013

A Escola Municipal de Teatro de Vigo ten previsto realizar un obradoiro de verán de creación teatral dende o día 1 de xullo ó 5 de xullo, nas instalacións da EMT, na Avenida de Castelao nº87 (interior), en horario de 17:00 a 21:00 horas.

Actividades de fin de curso das Escolas Municipais de Música e Artes

martes, 11 xuñ 2013

O A Concellería de Educación oferta actividades no ámbito da música e das artes escénicas mediante o desenvolvemento da programación educativa anual das súas escolas municipais (Escola municipal de música de Vigo -EMMV-, Escola municipal de música tradicional e folk -E-TRAD-, Escola municipal de teatro -EMT-, Escola municipal de danza -EMD-).Unha vez rematado o presente curso 2012-2013, presentan agora o froito das súas ensinanzas coa celebración de concertos e actuacións abertas para toda a cidadanía.A programación dos respectivos Festivais Fin de Curso é a seguinte:<br />

O Concello proxecta o documental "Las maestras de la República"

martes, 4 xuñ 2013

Esta proposta de educación en valores é unha testemuña gráfica do importante compromiso e legado destas docentes na transformación social do noso país a través da educación. Terá lugar no Auditorio Municipal o vindeiro xoves 6 de xuño ás 19,00 hs, baixo a modalidade de acceso do público con entrada libre ata completar o aforo.

IV Xornadas Municipais de Teatro Escolar

martes, 21 mai 2013

Os días 21, 22, 23, 27, 28 e 29 de maio o Auditorio Municipal do Concello de Vigo, albergará, baixo a dirección técnica da Escola Municipal de Teatro, as IV XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR, nas que participarán máis de 400 novos actores e actrices pertencentes a 15 centros de educación primaria e aos grupos de nenos/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo. Estas xornadas posibilitan unha experiencia de participación aberta a toda comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias e contorno.

Biblioteca da EMAO, venres 10 de maio ás 19:00 horas

Conferencia "O contexto artístico de Emilio Fernández Rodal" na Escola de Artes e Oficios de Vigo

xoves, 9 mai 2013

Dentro das actividades complementarias da Exposición Emilio Fernández Rodal (1912-1972). Retrato de Sociedade dun artista vigués, que se exhibe, ata o día 6 de xuño, na sala de exposicións (Espazo EMAO) da Escola de Artes e Oficios de Vigo, Beatriz De San Ildefonso, conservadora da Museo de Pontevedra e especialista en pintura galega contemporánea, impartirá a conferencia titulada "O contexto artístico de Emilio Fernández Rodal: as claves da súa pintura". O acto terá lugar na Biblioteca da Escola de Artes o venres 10 de maio ás 19:00 horas, con entrada libre ata completar o aforo.<br />

O Consello Escolar Municipal de Vigo rexeita o proxecto de Decreto de comedores da Consellería de Educación

mércores, 24 abr 2013

O Pleno do Consello Escola Municipal aprobou unha moción presentada por unha das súas comisións de traballo, a Comisión de Equipamentos e Planificación Educativa, con maioría de votos a favor (18 votos) e co único voto en contra do representante da administración educativa competente. O texto insta ao goberno autonómico a facerse cargo de todos os comedores de centros públicos.