O Consello Escolar Municipal de Vigo rexeita o proxecto de Decreto de comedores da Consellería de Educación
O Pleno do Consello Escola Municipal aprobou unha moción presentada por unha das súas comisións de traballo, a Comisión de Equipamentos e Planificación Educativa, con maioría de votos a favor (18 votos) e co único voto en contra do representante da administración educativa competente. O texto insta ao goberno autonómico a facerse cargo de todos os comedores de centros públicos.
Con esta moción, aprobada o pasado 18 de abril, o Pleno do Órgano Colexiado rexeita o proxecto de decreto de comedores escolares da Consellería de Educación. O texto insta á Consellaría e á Xunta a conseguir o máximo consenso parlamentario posible en materia educativa, establecendo as condicións e o marco normativo que aseguren, por parte da Administración educativa, un servizo de comedor escolar realmente favorecedor da igualdade educativa, social, de xénero e de oportunidades nos centros públicos, asumindo polo tanto os comedores escolares de todos os centros públicos.
Achégase o texto íntegro da moción aprobada:
ANTECEDENTES
Xa no Pleno do CEMV, celebrado o día 28 de novembro do 2012, aprobouse por unanimidade unha moción na que se demandaba á Consellería de Educación que redeseñara a puntuación dos baremos á hora de outorgar as subvencións aos comedores escolares, para que éstes foran coñecidos en tempo e forma, e coa antelación suficiente para poder ser abarcados polas ANPAS, que se ven desbordadas pola premura na entrega de documentación e na continua remodelación da lexislación referente a comedores escolares de Galiza.
Recentemente comprobamos con estupor como unha vez máis a administración educativa, publicaba en prensa, a comezos do período de admisión de alumnado, diferentes noticias sobre os baremos a usar nos comedores escolares e a asunción por parte da Consellería de Educación dos comedores escolares xestionados polas ANPAS. Estas informacións pouco claras, provocan malestar en toda a comunidade educativa, porque coñecemos o significado dos recortes no Ensino Público nun momento no que se rebaixan e deterioran servizos públicos coa tan recorrida crise económica.
Tamén, o dereito á educación dos menores obrigaba ás familias a escolarizalos e, froito de tal obriga, derivaba a da propia administración educativa a facilitar os servizos precisos para garantir tal dereito. ¿Como pode unha administración pública garantir un servizo a base de aumentar os custos para as familias, dunha educación pública, gratuíta e integradora? É o dereito á educación o que se pon en xogo, agora.¿Como se pode devolver un neno/a á súa casa ás 5, 6 ou 7 da tarde sen a seguridade de que fixo polo menos unha comida ben feita ese día?
O comedor escolar é idóneo como lugar de formación en hábitos alimentarios, como garantía dunha alimentación saudable e unha dieta equilibrada. O comedor incide tamén extraordinariamente na conciliación da vida laboral e familiar e garante a igualdade de oportunidades e prestacións entre homes e mulleres.
No actual contexto de recorte de dereitos e privatización de servizos, a Consellaría de Educación difunde o proxecto de Decreto de comedores escolares. E para maior dano, coincidindo co período do proceso de admisión nos centros. Aínda que na súa argumentación recoñece o papel compensador do servizo e as súas virtualidades para a conciliación laboral e familiar, e establece obxectivos de extensión de número de prazas e comedores escolares, o decreto:
- Establece a continuidade da xestión directa e a responsabilidade da contratación e xestión integral polas ANPAS, así como a atención e coidado do alumnado por estas coas súas propias e específicas pólizas de seguro, desentendéndose dos comedores xestionados actualmente polas ANPAS;
- Pretende implicar na xestión ás propias familias usuarias, colectivos e asociacións afectados;
- Limita a gratuidade ao alumnado en exclusión social, vítimas de terrorismo e de violencia de xénero acreditadas, e de rendas netas inferiores aos 7.000€ anuais per cápita;
- Establece pagamento por servizo de comedor roldando os 90€ mensuais en, por exemplo, familias monoparentais cun fillo/a e ingresos netos desde 18.000,02€ anuais (9.000,01 per cápita); 180€ por dous fillos, etc.
- Limita o servizo á comida do mediodía.
- Con este proxecto de decreto, a Consellería esquece a súa propia responsabilidade sobre o alumnado que acolle durante a xornada escolar.
Non entendemos a progresividade como carga impositiva nos custes dos servizos, para as mesmas persoas, ás traballadoras, ás que vivimos no rural... Mentres as grandes fortunas (non importa se fraudulentas) gozan de amnistías fiscais e de impostos lineais, precarízase e empobrécese ao groso da sociedade galega. Resulta insultante que adique 27 millóns a comedores e 29 a manter a relixión católica como materia académica no ensino obrigatorio.
A concepción do servizo de comedores subxacente e a falaz distribución por tramos de renda das cargas económicas dos comedores é un ataque claro ao ensino público e á clase traballadora. Unha xusta redistribución de custes económicos ten que derivar dun sistema fiscal progresivo previo á prestación de calquera servizo público.
TEXTO
O pleno do CEMV de Vigo rexeita o proxecto de novo Decreto de comedores escolares polas razóns referidas, e insta á Consellaría e á Xunta a conseguir o máximo consenso parlamentario posible en materia educativa, establecendo as condicións e o marco normativo que aseguren, por parte da Administración educativa, un servizo de comedor escolar realmente favorecedor da igualdade educativa, social, de xénero e de oportunidades nos centros públicos, asumindo polo tanto os comedores escolares de todos os centros públicos.