xoves, 25 abr 2013
A Xunta de Goberno local aprobará mañá venres a adhesión a un convenio estatal para a creación dun fondo social de vivenda para persoas desafiuzadas. En España, serán 5.891 as vivendas que se ofrezan en aluguer, en Vigo son 7 e en Galicia, 114.
xoves, 25 abr 2013
O alcalde informou este xoves da campaña de promoción turística da cidade en Corea do Sur, que pretende posicionar a Vigo nos circuitos turísticos asiáticos en España. Coa imaxe de Park, futbolista coreano do RC Celta, o goberno local organiza unha misión comercial para xornalistas, blogueiros e axencias de viaxes especializadas.
xoves, 25 abr 2013
A presidenta do Club Deportivo de teis, Ruth Calvo, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinaron esta mañá un convenio de colaboración por un importe de 20.000 euros. Esta subvención forma parte das achegas que o goberno local destiña aos equipos de élite da cidade e que este 2013 supera o millón de euros.
xoves, 25 abr 2013
A Fundación Penzol, con sede na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 1), inaugura este venres día 26 de abril, ás 12,30h, na súa sala de exposicións da planta baixa, a exposición "Fermín Penzol. Unha obra para un país", concebida como unha conmemoración, unha homenaxe de lembranza comunitaria a este grande mecenas galeguista. A exposición permanecerá aberta ao público ata o 26 de maio.