O goberno municipal adica un millón de euros á atención das drogodependencias en Vigo
Abel Caballero cifrou nun millón de euros a aportación municipal ao Plan Local de Drogas, dos que 70.000 se adican a prevención e o resto a tratamento asistencial. En rolda de presa, criticou que a Xunta de Galicia eliminara a súas achegas para traballos de prevención, pasando de 100.000 euros en 2011 a 0 euros nos anos seguintes.
Os orzamentos municipais adican un millón de euros ao Plan Municipal de Drogas, un programa "exemplo en Galicia e en España" grazas ao "inestimable traballo" das persoas que o fan posible. Caballero avanzou esta mañá que entre Prevención e Asistencia, o Plan Local de Drogas conta cuns 10.000 usuarios. Concretamente, hai 6.000 en traballo preventivo e uns 4.000 en asistencia, dos que 1.100 son atendidos directamente por Cedro e outros 3.000, desde outras entidades. Así o explicou hoxe o alcalde, logo de manter un encontro co responsable de Cedro, Francisco Otero, e outras entidades colaboradoras no Plan de Drogas, como Érguete, Alborada o Madro.
Respecto da prevención, o alcalde explicou en rolda de prensa que o número de usuarios baixou nos últimos anos desde os 10.000 aos 6.000, dado que as achegas da Xunta pasaron de 100.000 euros en 2011, a 0 euros en 2012 e 2013. Isto supón, en verbas do rexedor, que a Xunta abandonou a prevención das drogas en Vigo. Engadiu que o Concello trata de suplir ese recorte con fondos municipais para o que este ano aumentou a partida ata os 70.000 euros. Caballero resaltou a importancia do traballo preventivo contra as drogas, que fundamentalmente se desenvolve no ámbito escolar, aínda que se amplía aos pais ou asociacións xuvenís, entre outros.
No tocante á asistencia, o orzamento de Cedro elévase a 1,5 millóns de euros, dos que o Concello aporta preto dun millón, pese a non ser competencia municipal. Neste punto, o alcalde resaltou a diminución progresiva de subvencións da Xunta, que pasou de aportar 695.357 euros en 2009 a 583.377 en 2012, é dicir, pasou de sufragar o 49% do custo a financiar apenas o 38%, sendo esta unha competencia autonómica. Estes datos revelan na práctica, dixo, que a única administración que está a subvencionar este Plan Local é o Concello, co agravante, criticou, de que "a estas alturas do ano aínda non sabemos cal vai ser a aportación da Xunta". Destacou a importancia da actividade de Cedro con programas de información e orientación; tratamentos de desintoxicación; recaídas, campañas de prevención, vacinación... e avanzou que "non imos tolerar que o goberno autonómico deixe sen tratamento a todas as persoas de Vigo que o precisan". Proseguiu reiterando que este dispositivo asistencial é unha unidade sanitaria e,como tal, correspóndelle á Xunta financiala.
Descargar todas as imaxes