martes, 23 abr 2013
Abel Caballero tendeu a man aos reponsables da Fundación ONCE en Vigo para proseguir "nunha cooperación que nunca remata". Logo de louvar a loita pola igualdade de dereitos desta organización, leu un poema de Rosalía de Castro, nun acto no que tamén se conmemoraba o día do Libro.
martes, 23 abr 2013
Vigo será, por primeira vez en Galicia, sede da Copa de Campións Xuvenil División de Honra, do 5 ao 11 de maio. Este martes tivo lugar o sorteo que determina o calendario para dirimir ao mellor equipo xuvenil de España, entre o RC Celta, o Real Madrid, o FC Barcelona, o Athletic, o Atlético de Madrid, o Sevilla, a UD Las Palmas e o Villarreal.
Poderán participar todos os alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primaria e Secundaria<br />
dos centros educativos de Vigo
martes, 23 abr 2013
O Concello presenta unha nova edición do "IV Certame de Arte Infantil" para a promoción da creatividade na escola, que vai dirixido a toda a Comunidade Educativa da nosa cidade. Por cuarto ano consecutivo, os alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primaria e Secundaria dos Colexios de Vigo poderán presentar os seus traballos máis creativos para participar neste Certame, que xa se consolidou como a gran festa da creatividade e a arte.
martes, 23 abr 2013
A exposición entra na súa última semana, e o vindeiro domingo, 28 de abril será o último día para visitala. Cun elenco de quince artistas que desenvolven o seu traballo en Galicia, Mesa de traballo. Ensamblaxe e colaxe en Galicia fixo un percorrido polos procesos da ensamblaxe e o colaxe nos últimos quince anos en Galicia. <br />
martes, 23 abr 2013
O pasado 18 de abril de 2013, reuniuse no Instituto Municipal de Educación en sesión plenaria o Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV). Nesta sesión aprobouse unha moción presentada por unha das súas comisións de traballo, a Comisión de Equipamentos e Planificación Educativa, con maioría de votos a favor (13 votos fronte a 2 en contra).