Escoitar

Caballero, satisfeito porque Vigo acolla a Copa de Campións Xuvenil de fútbol

Vigo será, por primeira vez en Galicia, sede da Copa de Campións Xuvenil División de Honra, do 5 ao 11 de maio. Este martes tivo lugar o sorteo que determina o calendario para dirimir ao mellor equipo xuvenil de España, entre o RC Celta, o Real Madrid, o FC Barcelona, o Athletic, o Atlético de Madrid, o Sevilla, a UD Las Palmas e o Villarreal.

martes, 23 abr 2013
1366731386celta.JPG
O alcalde de Vigo participou este martes no sorteo da Copa de Campións, xunto ao Presidente da Federación Galega de Fútbol e o presidente do Real Club Celta de Vigo, que se celebrará na cidade entre o 5 e o 11 de maio, na primeira vez que unha urbe galega acolle esta competición.

Caballero amousou a súa "satisfacción" pola elección de Vigo como lugar de celebración deste evento, e agradeceu á Federación e felicitou ao Real Club Celta de Vigo pola súa iniciativa.

A Copa de Campións enfronta aos mellores das sete ligas rexionais de xuvenís División de Honra, ademais do segundo clasificado con maior puntuación, que resultou ser o Atlético de Madrid. O sorteo emparellou no cruce ao Real Club Celta de Vigo co Real Madrid, que xogarán o próximo 6 de maio, ás 19:30 horas, na Madroa.
Descargar todas as imaxes