venres, 26 abr 2013
A Xunta de Goberno local decidiu encargar 12 proxectos de actuacións en distintas rúas de Vigo por un importe de 4,6 millóns de euros. O rexedor destacou que ademais de renovar a cidade, estes investimentos keynesianos xerarán centos de postos de traballo.
venres, 26 abr 2013
O goberno local asumirá subsidiariamante as obras de urbanización pendentes do Plan Parcial de O Pombal (Castrelos) para que 250 vivendas poidan contar con servizos públicos. O Concello realizará as obras necesarias para que os espazos poidan ser recepcionados polo Concello e despois repercutirá o custo dos traballos na Xunta de Compesación da urbanización.
venres, 26 abr 2013
O alcalde de Vigo lembrou hoxe venres a aportación de Fermín Penzol á cultura de Vigo e de toda Galicia durante a inauguración da exposición "Fermín Penzol, unha obra para un país". Esta mostra homenaxe poderá visitarse ata o 26 de maio na Casa Galega da Cultura.
venres, 26 abr 2013
A Alameda de Bouzas, a zona peonil do Calvario, a Praza do Emigrante, Sanjurjo Badía con Enrique Lorenzo e Montero Ríos son os escenarios nos que actuarán o domingo a partir das 12,00 horas once grupos de danza tradicional da cidade. Estes espectáculos forman parte da programación coa que o Concello conmemora o día Mundial da Danza.
venres, 26 abr 2013
A Concellería de Cultura e Festas e mailo Conservatorio Superior de Música de Vigo (CMUS), seguindo coa liña de colaboración iniciada hai dous anos, organizan a Semana de Música de Cámara, que terá lugar entre o 29 de abril e o 3 de maio.
Política de Benestar
venres, 26 abr 2013
Bases reguladoras e convocatoria específica para a concesión de axudas municipais de libros, material escolar e comedor para alumnos/as de centros docentes públicos e privados concertados de educación infantil (segunda etapa), educación primaria e secundaria, do Concello de Vigo, curso 2013/2014.