O alcalde supervisa as obras de acondicionamento da zona de praias de cara ao verán
Co obxectivo de que a zona de Samil estea en perfecto estado de cara ao verán, o rexedor achegouse esta mañá as praias para comprobar o avance das obras de posta a punto. Entre outras, referiuse á neceside de afianzar algúns muros e repoñer algunha baldosa.
O goberno local traballa xa na posta a punto da zona de praias polo que se están a acometer, entre outras, dúas obras de afianzamento de muros, unha na zona das instalacións deportivas e outra na zona do restaurante O Camaleón, onde o temporal derrubou unha parte da balaustrada. Durante a vista técnica que o rexedor realizou hoxe venres acompañado polos concelleiros de Fomento, Medio Ambiente e Seguridade, deu conta da existencia de 10 metros de muro "moi deteriorados" na zona da praia da Fonte e avanzou a posibilidade de ampliar o areal e desprazar o paseo de cara ao céspede "co que gañaríamos praia e manteráimos o paseo". Dentro do acondicionamento xeral da zona, apuntou que xa comezou a reposición de baldosas e os trámites para instalar os quioscos así, como a posta a punto da Policía Local e os distintos dispositivos de salvamento, sen esquecer o reforzo do servizo de limpeza.
Caballero anunciou que o edificicio de As Dornas será derrubado despois do verán, "para romper con 40 anos dunha barreira nas vistas das Illas Cíes".
Descargar todas as imaxes
Caballero anunciou que o edificicio de As Dornas será derrubado despois do verán, "para romper con 40 anos dunha barreira nas vistas das Illas Cíes".