Once grupos de danza actuarán simultáneamente o domingo en diversos espazos da cidade
A Alameda de Bouzas, a zona peonil do Calvario, a Praza do Emigrante, Sanjurjo Badía con Enrique Lorenzo e Montero Ríos son os escenarios nos que actuarán o domingo a partir das 12,00 horas once grupos de danza tradicional da cidade. Estes espectáculos forman parte da programación coa que o Concello conmemora o día Mundial da Danza.
O Concello de Vigo conmemora o este fin de semana o Día Mundial da Danza cunha programación que arranca hoxe venres no auditorio municipal co espectáculo Macho, do actor galego David Loira, dirixido a público adulto, e prosegue o domingo, neste caso para público familiar, coa compañía Otradanza, que ofrecerá o espectáculo Eureka. Durante a rolda de prensa de presentación, o concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, avogou por seguir colaborando "coa danza e con calquera outra forma de expresión artística" nunha conmemoración consolidada desde que en 1982 a Unesco decidiu que o 29 de abril sería do Día Mundial da Danza.
Outra das actividades previstas en Vigo, en colaboración coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, pasa por unha actuación simultánea, ás 12,00 h do próximo domingo, de once grupos de danza tradicional en distintos espazos da cidade. Concretamente, interpretarán pezas típicas da danza galega na Alameda de Bouzas, a zona peonil do Calvario, a Praza do Emigrante, Sanjurjo Badía con Enrique Lorenzo e Montero Ríos. Xa pola tarde, ás 18,00 horas, actuarán outros catro grupos no CCV de Valadares.
Descargar todas as imaxes