Vigo adhiérese a un convenio que facilitará vivendas de entidades bancarias a persoas vítimas de desafiuzamentos
A Xunta de Goberno local aprobará mañá venres a adhesión a un convenio estatal para a creación dun fondo social de vivenda para persoas desafiuzadas. En España, serán 5.891 as vivendas que se ofrezan en aluguer, en Vigo son 7 e en Galicia, 114.
Coa finalidade de poñer en aluguer vivendas de distintas entidades de crédito, o Concello de Vigo se suma a un convenio que promove a creación dun fondo social de vivendas para persoas que foran desaloxadas da súa casa habitual por impago dun crédito hipotecario e que se atopen en situación de especial vulnerabilidade social. Segundo explicou Abel Caballero en rolda de prensa, os beneficiarios deste fondo deberán cumprir unha serie de requisitos: o desafiuzamento, que ten que se posterior ao 1 de xaneiro de 2008, debe ser consecuencia dunha demanda de execución,por impago dun préstamo hipotecario iniciado pola mesma entidade de crédito que constitúe o Fondo Social de Vivenda; os ingresos de membros da unidade familiar non debe superar o límite de 3 veces o IPREM (1..597 euros); e ten que estar en situación de especial vulverabilidade.
Cada entidade de crédito participante constituirá o seu propio fondo cun número inicial de vivendas, aínda que despois poderán amplialo. En Vigo, ofrécense 7, en Galicia 114, mentres que en toda España a cifra é de 5.891. Para facer as valoracións, explicou o rexedor, as entidades de crédito solicitarán informe aos servizos sociais do Concello. Neste punto, instou a todos aqueles cidadáns interesados que cumpran estes requisitos a que se dirixan xa ás dependencias da Concellería de Benestar onde serán asesorados
Caballero reiterou a súa vontade de "non permanecer inactivo ante ningún desafiuzamento por razón de carencia sobrevenida", ao tempo que resaltou entre outras decisións municipais a "favor dos que máis o necesitan" o feito de que nin Policía Local nin Bombeiros participan en desafiuzamento algún a non ser que o pida un xuíz ou a non relación comercial con ningunha entidade financeira que execute desaloxos. Abogou de novo pola dazón en pago ao tempo que reclamou ao presidente da Xunta que elabore un decreto de vivenda como o que presentou Andalucía ou Canarias.