Escoitar

Caballero di que a Copa Vigo de fútbol ten "avoengo" e celebra o seu 80 aniversario con premios en metálico e torneo feminino

O A Copa Vigo cumpre 80 anos ao grande. Vinte equipos masculinos de Primeira, Segunda e Terceira Autonómica e, por vez primeira, seis conxuntos femininos de 2ª Nacional, Liga Galega e Liga Autonómica pelexarán por "un título de avoengo", explicou o alcalde da cidade, Abel Caballero. "É o torneo de fútbol máis antigo de Galicia, é unha gran Copa, un gran evento, e palabras maiores no ámbito do deporte", sostivo o xefe do gobernó municipal.

mércores, 24 abr 2013
1366816872vigocup.JPG
O torneo, creado en febreiro de 1933, disputou a súa primeira final o 25 de xuño daquel ano, entre o Galeiro e o Arenas de Ribadavia (1-0) no desaparecido campo da Florida. Agora, oito décadas despois (houbo algún paróns da competición ao longo da historia), o Concello apoia esta idea de forma decidida, creando un premio económico para os finalistas (mil euros ao equipo campión e 500 ao subcampeón), ademais de alumar a primeira Copa Vigo feminina, con idénticas compensacións en metálico.

A presentación serviu de arranque ao evento, que xa coñece os emparellamentos. No torneo do KO masculino (19 partidos) haberá unha fase previa para os equipos de 3ª Autonómica, entrando en oitavos os conxuntos de 2ª e 1ª. O campión, Racing de Castrelos (Segunda), defende título eliminándose co Rápido de Bouzas B, vencedor en 2009 e 2010 e da súa mesma categoría. O choque xogarase en Monte da Mina, campo do conxunto racinguista.

A Copa masculina desenrolarase en tres datas de maio (días 9, 16 e 30) e dous de xuño (6 e 15), con destino final Balaídos. A partido único en cancha do equipo sorteado en primeiro lugar, só catro clubs da cidade estarán ausentes do campionato (Gran Peña, Candeán, Sárdoma e Colegio Apóstol). "É un deporte excepcional e inenarrable, con emoción sen límites", lembrou o alcalde, que felicitou ao capitán do Castrelos, Carlos, polo xogo do equipo na final de 2012, gañada por 3-2 ao San Esteban.

Enrique González, delegado da Federación Galega de Fútbol, felicitouse por que "o torneo feminino dá os seus primeiros pasos", e incidiu en que "a todo futbolista vigués gustaríalle quedar campión da Copa Vigo en Balaídos". Fernando Iglesias, responsable do colectivo arbitral, manifestou que "a Copa Vigo axuda a formar árbitros e que os 150 da delegación queren pitar a final". De feito, David Pérez Pallas, colexiado vigués este ano en Segunda B, xa a pitou.

Ao acto, na Galería de Alcaldía pola expectación suscitada no fútbol modesto local, asistiron xunto ao alcalde e ao concelleiro de Deportes, xogadores e xogadoras dos equipos participantes así como numerosos dirixentes dos clubs. Paula Fernández, capitá do Olivo, agradeceu "o apoio municipal ao deporte feminino", mentres que o capitán do Castrelos dixo que "pese a non ter o rol de favoritos, esperamos chegar de novo á final" e pediu "xogo limpo e sorte para todos". Fabio Oliveira, técnico do Bouzas B, pechou a serie de intervencións apuntando "o gran nivel do fútbol vigués" e desexando "un bo papel" para a escuadra boucense; "é un honor para min participar por vez primeira na Copa Vigo", dixo.

Seis equipos xogarán o torneo feminino, con formato diferente. Nas mesmas datas (9 e 16 de maio, cuartos; 30 de maio e 6 de xuño semifinais), El Olivo e Sárdoma, os dous equipos de categoría nacional, serán cabezas de serie e exentos en cuartos co obxectivo de xogar a final de Balaídos, que o 15 de xuño vivirá así un dobre programa copero. Entre os inscritos figura o Lavadores, única entidade que participará nas dúas copas.
Descargar todas as imaxes

Máis información