O Consello Escolar Municipal de Vigo recoñece ás figuras de Constancio Veiga e González e Jose Mª García Picher
O pleno do Consello Escolar Municipal de Vigo acordou ratificar un acordo que se adoptara no ano 2011 de facer un recoñecemento expreso ás figuras de Constancio (Chito) Veiga e González e Jose Mª García Picher polo importante labor pedagóxico e docente que ambos desempeñaron ao longo da súa vida.
O pasado 18 de abril de 2013, reuniuse no Instituto Municipal de Educación en sesión plenaria o Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV). Nesta sesión o órgano colexiado ratificou un acordo que se adoptara na sesión Plenaria do 19 de xaneiro de 2011 e no que se aprobaba facer un recoñecemento expreso ás figuras de Constancio (Chito) Veiga e González e Jose Mª García Picher polo importante labor pedagóxico e docente que ambos desempeñaron ao longo da súa vida.
Constancio Veiga, segungo as palabras de Bertila Alonso, representante de Foanpas neste Órgano Colexiado, "levou a paixón pola natureza e o deporte a miles de escolares vigueses que durante décadas participaron na "Operación Benxamín" dos montañeiros celtas, un gran curso de iniciación ao montañismo. Transmitiu coñecementos de orientación, fotografía, mineraloxía, o respecto e estudio dos animais, as árbores, técnicas de montaña, a camiñar, ...pero sobre todo, valores de respecto ás persoas, o deporte, os/as compañeiros/as, unha escola de vida"
Pola súa parte, Xose Manuel Pena, secretario de Foanpas e membro do CEMV no 2011, escribía sobre Jose Mª García Picher que "nos agasallou coa súa presenza e o seu traballo nos centros de ensino e da administración da cidade ó longo da súa vida, e deixou en todos unha grande pegada na que se recoñece a súa innata labor de mestre , tanto do ensino coma da vida de tantos vigueses e a xenerosidade coa que se entregou a tal fin"
Descargar todas as imaxes