Escoitar

O goberno local aproba 160.000 euros para apoiar actividades culturais na cidade

A Xunta de Goberno local deu luz verde a unha subvención de 86.000 euros para a Fundación Laxeiro, ademáis de 7.200 euros para sufragar un convenio coa Federación de Libreros de Galicia. Durante a rolda de prensa, Caballero enfatizou o feito de que o Goberno local é a única administración que "mantén vivo o apoio á cultura na cidade".

mércores, 24 abr 2013
1366804598Imagen003.jpg
A última sesión de Xunta de Goberno local aprobou achegas por valor de 160.000 euros para distintas actividades e entidades culturais da cidade o que demostra, dixo Abel Caballero, que "en momentos difíciles como o que estamos a atravesar o Concello apoia á cultura de Vigo frente ao abandono do resto das administracións". Tal e como resaltou na súa comparecencia cos medios, o Concello é a única administración que nestes momentos "mantén vigo o apoio á cultura na cidade".

Segundo detallou, desdes 160.000 euros, 86.000 euros servirán para sufragar o Programa de actividades e funcionamento da Fundación Laxeiro, xa que o Concello aporta o 67,32% do orzamento. A Xunta aporta 11.000 euros e a Deputación, 12.000. Ademais, o goberno local destiña 7.200 euros para a celebración en Vigo da Feira do Libro Novo e a Feira de libro Antigo e de Ocasión. Neste caso, a aportación municipal ao convenio coa Asociación de Libreros de Galicia case dobra as achegas da Deputación e da Xunta, de 3.000 e 2.000 euros, respectivamente.

Asimesmo, deuse luz verde ao Convenio de colaboración coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais para a organización do programa Vente con nós ao que o Concello aporta 13.500 euros. Trátase, dixo o rexedor, dun circuíto de actuacións por barrios e parroquias no que participan 17 grupos de música, danza e canto tradicional, e outros 6 de teatro. Por último, tamén se aprobaron as bases e convocatoria de subvencións para programas de actividades socioculturais por un valor de 50.000 euros.
Descargar todas as imaxes