O Concello achega 30.000 euros ao Vigo Rugby, dos 440.000 euros de subvención a clubs de elite
Abel Caballero asinou este mércores o convenio polo que o goberno local achega 30.000 euros ao Vigo Rugby Club, parte dos 440.000 que adica o Concello ao apoio das entidades viguesas de elite. O alcalde recordou que, sumando os 600.000 euros para a base, o goberno de Vigo supera o millón de euros de subvencións ao deporte vigués.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente do Vigo Rugby Club, Ramón González-Babé, rubricaron este mércores o convenio de colaboración polo que o Concello achega á entidade deportiva 30.000 euros.
Segundo explicou Caballero ante os medios, esta sinatura forma parte do "apoio ao deporte vigués" municipal, cifrado en 1.040.000 euros, sumando os aportes á base e elite. O goberno de Vigo aporta 440.500 euros, a mesma cuantía que o ano pasado, para clubs punteiros da cidade, concretamente para a Federación de Peñas Recreativas El Olivo, cun importe de 20.000 euros; o C.D. Bosco, 67.500 euros; o Coruxo F.C, 50.000 euros; o Club Vigo Voleibol, 40.000 euros; a S.D. Octavio, con 90.000 euros; o Club Atletismo Celta, con 40.000 euros; o Amfiv, 35.000 euros; o Traviesas Hockey Club, con 20.000 euros; o Xuvenil de Teis, 20.000 euros; o Club Halcones Vigo, 18.000 euros, o Sárdoma C. F., con 10.000 euros, e o devandito Vigo Rugby, con 30.000 euros.
A esta cuantía hai que engadir, segundo apuntou o alcalde, outros 600.000 euros destiñados ao deporte de base da cidade, tamén a mesma cantidade que en 2012, que benefician a preto de 200 entidades. O millón de euros que adica o Concello "singulariza -afirmou Caballero- o 95% do apoio" das entidades ao deporte da cidade.
Descargar todas as imaxes