O Concello promociona Vigo no mercado asiático con xornalistas e touroperadores especializados
O alcalde informou este xoves da campaña de promoción turística da cidade en Corea do Sur, que pretende posicionar a Vigo nos circuitos turísticos asiáticos en España. Coa imaxe de Park, futbolista coreano do RC Celta, o goberno local organiza unha misión comercial para xornalistas, blogueiros e axencias de viaxes especializadas.
O alcalde mantivo este xoves unha entrevista co embaixador de Corea do Sur en España, Oh Dae-Sung, como parte da campaña municipal de promoción, impulso e comercialización turística de Vigo no mercado asiático, dentro do Plan de Competitividade Turística.
Segundo explicou Caballero ante os medios, este proxecto inclúe unha conferencia de ámbito económico e turístico de Oh Dae-Sung, presentado polo alcalde, e o posterior nomeamento de Park Chu Young como embaixador de honra de Vigo en Corea do Sur, imaxe promocional que emprega o Concello por ser un "ídolo" no seu país.
En paralelo, o Concello ten en marcha unha misión comercial turística coa presenza xa en Vigo de xornalistas dos dous principais rotativos de Corea do Sur, blogueiros especializados e axencias de viaxe que traballan o mercado asiático en España. Trátase de dez "grandes mobilizadores de opinión" que, desde onte mércores e ata o domingo, coñecerán algúns dos principais reclamos da cidade, como a arquitectura, o casco histórico, o Monte do Castro, o Quiñones de León, o MARCO, as praias e as Illas Cíes, entre outras.
O obxectivo do Concello mediante esta proposta é incluir á cidade de Vigo dentro dos circuitos por España do turismo de Corea. Uns 100.000 coreanos visitan España cada ano, segundo datos da Embaixada.
VigoLike
Abel Caballero informou asemade que o goberno local atópase "a punto de iniciar o desenvolvemento" doutra proposta turística, chamada VigoLike, que pretende converter aos estranxeiros residentes na cidade en "embaixadores" de Vigo nos seus países de orixe.
Estas persoas, que actuarían como prescriptoras de opinión, ofertarán a súa ruta por Vigo, que será difundida no seu país de procedencia. Un xurado escollerá as tres mellores segundo a calidade e implicación da proposta para a "difusión da riqueza turística de Vigo", apuntou o alcalde.
Descargar todas as imaxes